A banda



Chegou a revolución en feminino!!! The Tetas´ Van somos un grupo de chicas na súa maioría (ainda que contamos con marabillosos músicos chicos nos nosos cabaréts) que pretende revolucionar as salas de concertos coas súas músicas.


Ainda que somos especialistas en versións o noso obxectivo é o de divertir transmitindo, reivindicando e loitando contra as inxustizas que nos tocan a todas, a través da nosa língua galega. Pretendemos ser tamén a voz de todas aquelas que desexen que cantemos os seus poemas, textos ou melodías e por iso contamos ca colaboración de poetisas que nos regalan as súas verbas encantadas.


The Tetas´ Van somos artistas e malabaristas xa que combinamos a nosa vida de profes, estudiantes, nais, irmás, tías e amigas ca de músicas que buscan a diversión e a felicidade a través das notas.


Estas somos nós...





Próximos concertos



    Debido á pandemia da COVID-19, temos cancelados todos os concertos.
    Iremos avisando...


PODES VER TODOS OS CONCERTOS QUE DIMOS ATE AGORA

Contacta connosco!

Pódeste poñer en contacto connosco a través dos seguintes números de teléfono ou ben a cubrindo o formulario de contacto



Temos sacas e camisolas!

Fai o teu encargo por Facebook, Instagram ou Email

Introduce o número que ves a continuación: